Burela, 14 de xaneiro de 2014. O Concello está á espera da renovación da subvención que recibe para proceder á reapertura da Aula CeMIT, tal e como acaba de asegurar a concelleira de Educación, Mónica Pedre.
A edil popular sinala que “todo apunta a que haberá subvención novamente, pero estamos agardando á sinatura correspondente entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Xunta para despois reiniciar as actividades na Aula CeMIT de Burela”.
Mónica Pedre lembrou que “en 2013 impartíronse un bo número de cursos para achegar aos usuarios a internet e tamén para perfeccionar os seus coñecementos iniciais” e subliñou “o alto nivel de participación que tiveron todos os cursos que alí se deron. Estamos moi satisfeitos da acollida, de aí que esteamos interesados en renovar esa subvención”. O Concello informará convenientemente da volta das actividades da Aula CeMIT cando vaian dar comezo.