Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama á sociedade mariñá a secundar a concentración convocada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade

A Mariña, 15 de xaneiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña quere manifestar a súa condena e o máis enérxico rexeitamento á violencia machista que sacude a sociedade en xeral e que, se cebou no día de onte na nosa comarca co asesinato de dúas mulleres.

A formación frontista fai un chamamento á sociedade mariñá a amosar o seu rexeitamento publicamente e a participar na concentración convocada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para mañá, xoves, ás 20 horas na Praza dos Campos en San Cibrao.

Desde o BNG inciden na necesidade de actuar desde os poderes públicos para acabar coa lacra da violencia contra as mulleres que se manifesta diariamente en múltiples discriminacións e que pode rematar por ter como consecuencia máis temible a morte de mulleres polo feito de selo. A formación nacionalista reclama que a violencia machista sexa asunto prioritario nas axendas políticas e se incrementen os recursos materiais e humanos para atallar esta lacra social.

Exit mobile version