O Grupo de Teatro de Ribadeo agradece o apoio dos veciños e veciñas de Ribadeo onte na estrea de ‘Os putativos’ na vila. Segundo explican “debido a que se esgotaron as entradas está prevista unha nova representación o vindeiro 9 de febreiro ás 19.00 h no Teatro”. Desta vez o diñeiro recadado, cun prezo para as entradas de 3 €, será a beneficio da AECC.