Dúas mulleres veciñas do concello mariñán de Cervo apareceron mortas o mediodía deste martes 14 de xaneiro na súa casa nun posible caso de violencia de xénero.
M.J.S.L., de 45 anos, mestra nos colexios dos termos municipais de Alfoz e O Valadouro e tamén catequista era unha persoa moi participativa en todas as actividades da comunidade. M. L. R, de 72 anos de idade, era a nai da primeira.
O presunto autor, de 52 anos, marido e xenro respectivamente das vítimas, foi localizado pola Garda Civil horas máis tarde no terno municipal de Ribadeo.
SEN DENUNCIAS PREVIAS
A Garda Civil de Burela mantén aberta a investigación. Non hai constancia de que la vítima presentara denuncias previas.
De determinarse o seu falecemento como vítimas de violencia de xénero, sería a primeira vítima de violencia de xénero en Galicia e o segundo caso que hai que lamentar en España no que vai deste ano.
Dende a Delegación do Goberno en Galicia e a Subdelegación en Lugo maniféstase a máis enérxica repulsa a este tráxico suceso e repróbase a todos aqueles que exercen a violencia, facendo un especial e reiterado chamamento a todas as mulleres que sofren malos tratos para que denuncien aos seus agresores e á implicación de toda a sociedade contra toda violencia exercida contra as mulleres.
A Delegación do Goberno en Galicia recorda finalmente a importancia de usar o teléfono 016, que é gratuíto e garante a confidencialidade da chamada xa que non queda rexistrado na factura telefónica.
MUJERES EN IGUALDAD BURELA
Dende Mujeres en Igualdad Burela condenan este dobre caso de violencia de xénero, “cuarto e quinto caso no que levamos de ano”.