O forte vento que se está deixando sentir esta tarde en Ribadeo obrigou a modificar o percorrido previsto polas rúas das carrozas dos Reis Magos, segundo anunciou o rexedor local, Fernando Suárez. As Súas Maxestades visitaron o Hospital Asilo desde onde sairán camiñando cara oparque de San Francisco e despois chegarán ao Concello. Alí terá lugar a tradicional recepción aos nenos e nenas de Ribadeo.