Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran afluencia da xuventude nas actividades organizadas polas NNXX de Cervo

Durante as últimas semanas, Novas Xeracións de Cervo organizou diversas actividades orientadas á xuventude da Mariña.

Primeiro realizaron, o pasado 27 de decembro, unha xornada de portas abertas na sede do Partido Popular de Cervo para ensinar como funciona internamente unha organización política. Seguido realizouse o día 3 de xaneiro unha charla para coñecer o estado socioeconómico do municipio.

Así numerosos rapaces e rapazas de Cervo asistiron para informase de como funciona este ente político e cal é a situación do municipio a nivel económico e social. Deste xeito, os asistentes aproveitaron a ocasión para expor a súa visión sobre a política e a economía actual.

A executiva de Novas Xeracións de Cervo, destaca “que é necesario que a xuventude se achegue a coñecer como funciona unha formación política e máis nestes momentos de suposta crise institucional”, así como “ter coñecemento da situación socioeconómica do municipio para poder afrontar os seus retos futuros con maior nivel de información”. No mesmo senso, dende esta formación política e xuvenil demándase que os rapaces e rapazas do municipio se poñan en contacto con Novas Xeracións de Cervo se teñen algunha proposta para mellorar o municipio.

Exit mobile version