Site icon Crónica3.com A Mariña

“Fronte aos recortes de Feijoo, ampliar a democracia é a cuestión que demanda a cidadanía” segundo Espazo Ecosocialista

Para Espazo Ecosocialista a proposta de recorte de escanos no parlamento galego proposto polo Partido Popular entra dentro da estratexia de recorte da democracia e do autogoberno que a dereita sigue desde que chegou ao poder entendendo que o descontento dos recortes sociais so poden ser controlados cun recorte de liberdades públicas.

Para Espazo en Galicia a dereita ten gobernado nos últimos anos grazas a cometer fraudes electorais evidentes ao calor dos múltiples datos de financiación irregular das campañas electorais do PP. Pero lonxe de asumir unha nova perspectiva e un novo dialogo coa cidadanía, o goberno presidido por Feijoo aproveita a súa maioría absoluta para recortar o autogoberno.

A crise é unha escusa perfecta para que a dereita neoliberal aborde un proceso recentralizador e límite aínda máis os baixos niveis de autogoberno. O Partido Popular pretender recortar a democracia e reducir aínda máis o papel do parlamento galego e a voz do pobo galego representado nel. Así no remate da anterior lexislatura xa anunciou a súa intención de reducir o número de parlamentarios da cámara galega e nesta xa ten retomado o tema.

A Xunta de Galicia gasta en 141 asesores 5,3 millóns de euros, segundo os presupostos aprobados para 2012 ( 6 veces mais do recorte formulado ). So área de Presidencia, o gasto en asesores supera os 2,3 millóns de euros. 0,01 % do global dos orzamentos da Xunta, que para 2012 é de 9.858.500.000 euros.

Con estes datos é fácil que trala proposta de reducir o número de deputados en realidade o que se pretende e reducir a representación das minorías e consolidar as maiorías (cun 40% dos votos poderíase ter maioría absoluta) e o bipartidismo imperfecto.

Para Espazo do que se trata é de achegarnos a un modelo onde a relación voto-persoa sexa proporcionalmente exacta.

Unha redución de deputadas/os co mantemento das actuais circunscricións provinciais agravaría a representación territorial xa existente. Coa proposta do Partido Popular un escano en Coruña e Pontevedra valería arredor de 35.000 votos namentres que Ourense ou Lugo 15.000 votos.

A proposta debe ir na dirección contraria:
• Circunscrición única galega
• Eliminar o mínimo do 5%, para proporción pura por persoa e voto.
• Listas desbloqueadas
• Dotar aos programas o carácter de ‘vinculantes’
• Limitacións de mandatos

Pero, hai realmente moitas persoas representantes no parlamento galego?

Cabe sinalar que a media das CCAA é 1 representante por cada 33.000 habitantes. Galicia esta por riba da media con 1 representante cada 37.000 habitantes.

Tendo en conta isto máis a dispersión xeográfica aínda habería que aumentalas (Estremadura, Baleares ou Navarra é de 1 por cada 15.000) e chegar ata os 85 representantes (mesmo por riba do que marca o propio estatuto).

• Mantemento do actual número de deputadas/os, ou establecer un número de representantes por cada certo número de habitantes (p.e. 1 representante cada 30.000 habitantes)

Existen medidas para recortar o gasto sen recortar a democracia:

• Redución dos salarios dos e das deputadas 30%. Equiparar os salarios dos deputados e deputadas co grupo de funcionarias/os de maior categoría (baixada de 5.000 a 3.000 €) e eliminación de emolumentos extraordinarios inexistentes entre o funcionariado.
• Reducir as axudas ao grupos nun 25%
• Redución de persoas asesoras e pluses nun 30%
Con estas tres propostas se reduciría 330.000 ao mes (150.000 de salarios) e non as 75.000 sen tocar o numero de deputados.

Tamén supresión de organismos innecesarios e de elección indirecta como as deputacións.
O documento político de Espazo Ecosocialista para o debate na súa II Asemblea Nacional adica unha boa parte do mesmo ao tema da radicalidade democrática desde o ámbito electoral xeral ata a proposta para os concellos.

Unha proposta que xa no seu día foi esbozada por Espazo Ecosocialista e que avanza en modelos de democracia participativa e deliberativa máis que representativa.
Unha proposta que resume en 51 puntos que se enmarcan en 7 apartados:

1. REFORMA DO SISTEMA ELECTORAL
2. TRASPARENCIA PÚBLICA, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E ADMINISTRACIÓN
3. EXERCICIO DE CARGOS PÚBLICOS
4. REFORMA DA ADMINISTRACIÓN TERRITORIAL E INSTITUCIONAL
5. DEREITO A UNHA XUSTIZA EFECTIVA E TRANSPARENTE
6. CAMPAÑAS ELECTORAIS E FINANCIAMENTO DOS PARTIDOS POLÍTICOS
7. DEREITO A UNHA INFORMACIÓN INDEPENDENTE, VERAZ E DE CALIDADE

E todas estas propostas enmarcadas nun proceso constituínte que nos permita avanzar nunha nova democracia mais avanzada.

Exit mobile version