Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz: 105 anos con luz

A electricidade non é un invento, senón un descobremento. Quérese decir que é un fenómeno natural, fonte de enerxía que sempre existiu. O home aprendeo a coñecela e a aproveitala, creou máquinas para producila e utilizala ó seu antollo, e inventou, e segue inventando, aparellos que funcionan grazas ós efectos eléctricos, dende a bombilla ás computadoras. Todo isto levouse á práctica nos últimos douscentos anos, a pesares de que as primeiras sospeitas sobre a enerxía invisible data de hai 2500 anos, ó tempo dos gregos. O termo Electricidade, ven do grego electron. Pero a historia que coñecemos comezou en 1800, cando Volta inventou a pila eléctrica. Cen anos despois empleábase en oficinas, lugares públicos e vivendas; pero as primeiras lámparas, de mediados do s. XIX, tiñan unha vida moi curta. Cando Swan en Inglaterra e Edison en EE.UU. encararon o problema, xa contaban con bombillas moi perfeccionadas e as primeiras compañías eléctricas naceron para suministrar corriente para o alumeado. A Foz chegaría éste uns trinta anos despois do invento de Edison. Así, na acta do pleno do concello, do 4-8-06 dise: “A Corporación Municipal informa ó señor Enxeñeiro Xefe de Obras Públicas de Lugo que o concello ve con gusto que don José Reimunde transporte do salto da Cazolga a enerxía necesaria para o alumeado público e doutras industrias”.

O 21-4-07, lese: “ O alcalde actal, Ramón Doce, da lectura a instancia de Ramón L.Castiñeira, arrendatario da forza motriz para dotar de enerxía eléctrica á nosa vila, e acórdase concedela para tender a rede para suministrar a luz ó vecindario”. Tardaría un ano, pois o semanario “Mondoñedo”, do 8-5-08, en escueta nota, dí: “Hai dous días inaugurouse nesta vila–Foz–con grande éxito, o alumeado eléctrico, producido pola fábrica do señor Reimunde”. Hai, pois, 105 anos que a vila disfruta do servicio…. Por aquelas datas Jesús Cageao anunciaba no xornal a súa fonda La Primitiva coa primicia de que contaba con luz eléctrica en tódalas dependencias, así como con automóvil e casetas na praia para servicio dos hospedes. Un adiantado ós tempos.

Suso Fernández

Exit mobile version