O pasado sábado 4 de xaneiro a Casa da Cultura de Alfoz foi escenario da presentación dun documental sobre o Mercado Medieval de Alfoz. Houbo alfombra vermella e moitos motivos decorativos relacionados co Medievo e con Alfoz. O documental rodouse no XV Mercado Medieval, que se celebrou no Castro de Ouro, nas inmediacións do castelo de Pardo de Cela, no pasado mes de xullo de 2013 e estivo dirixido polo mindoniense Miguel García. Á presentación asistiron membros da Comisión organizadora do Mercado e tamén os veciños.