Site icon Crónica3.com A Mariña

Duelo lucense en Vista Alegre

O derbi lucense chega a Vista Alegre que se prepara para o duelo entre Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo. A cita é o sábado 11 ás 18.30 horas, encontro correspondente á xornada 19 da Primeira División. O derbi será retransmitido en directo, vía internet, en www.crtvg.es.

O conxunto dirixido por Juanlu Alonso espera refrendar a vitoria lograda ante ElPozo con outro triunfo ante os transportistas “para conseguir unha dinámica positiva de resultados e que os xogadores aumenten a súa propia confianza” aínda que é consciente que os derbis “sempre son partidos especiais e os antecedentes non serven para nada. Queremos brindarlle unha vitoria á nosa afección sempre pero nestes choques con máis ganas aínda”.

Dos transportistas o técnico burelés destaca “o incómodo que fai os partidos ao seu rival, é un equipo que presiona moi ben e esíxeche estar concentrado en todo momento” circunstancia que o estratega mariñao espera que o seu equipo “manteña esa intensidade e concentración durante os corenta minutos tal e como realizamos en Murcia. Esa é a liña que debemos seguir”.

Convocatorias
BURELA PESCADOS RUBÉN: Edu, Mimi, Burrito, Iago Míguez, Isi, Juanma, Hugo, Matamoros, Christian, Álex, Carlitos, Antoñito.

AZKAR LUGO: Óscar Iglesias, Rubén Mouriz, Cospe, Diego Nuñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Chano, Mendiola, Adrián, Alex Diz, Zala.

Exit mobile version