O Concello de Barreiros organiza un curso de manualidades que comezará a impartirse a vindeira semana, a partires do 16 de xaneiro. Ese curso terá lugar os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no Canteiro en San Pedro. E os martes e os xoves será tamén co mesmo horario, desde as tres e media ata as sete e media da tarde, en San Xusto no local social. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse acudindo aos propios cursos, segundo informan desde o Concello de Barreiros.
Curso de manualidades en Barreiros
Curso de manualidades en Barreiros
Relacionado
-
A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia celebra o 50 aniversario da súa fundación
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba