A Aula Universitaria da UNED en Foz organiza un curso de inglés para fins turísticos que se celebrará do 12 de febreiro ó 9 de marzo todos os mércores dende as 17.00 ás 19.30 horas. O curso de 20 horas será impartido polo profesor Jorge Cosio Carreño e conta cun programa que recolle a descrición do entorno e dos establecementos turísticos, desprazamentos e transportes, cartas e recepción de clientes, entre outros aspectos. O prezo de matrícula é de 35 euros, 30 para alumnos e desempregados e 25 para discapacitados. Os interesados poden recibir máis información na rúa Castelao, no teléfono 982 133 699 ou foz@lugo.uned.es.
Curso de inglés turístico na UNED de Foz
Curso de inglés turístico na UNED de Foz
Relacionado
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo