O domingo día 12 de xaneiro a Confraría do Cristo Xacente e a Virxe das Dores organizou unha xornada de convivencia para confrades e non confrades. O acto consistiu na celebración dunha misa ás 5 da tarde, celebrada polo sacerdote Cándido Otero, unha excursión ata a parroquia da Regueira, en Xove, para ver o Belén alí organizado e, para rematar, unha chocolatada na Confitería Méndez de Ferreira do Valadouro. Preto de 100 persoas participaron nesta convivencia e houbo varios participantes que se inscribiron como novos confrades; chegando a ser máis de 100 persoas na actualidade ás que forman parte da Confraría que ten como finalidade principal dinamizar os actos da Semana Santa nos concellos de Alfoz e O Valadouro.
Convivencia da Confraría do Cristo Xacente e a Virxe das Dores
Convivencia da Confraría do Cristo Xacente e a Virxe das Dores
Relacionado
-
A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia celebra o 50 aniversario da súa fundación
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba