Desde a Xunta de Persoal da Costa manifestamos o noso apoio e solidariedade á familia e amizades das dúas mulleres asasinadas este martes no Concello de Cervo froito da violencia machista e convocamos unha concentración silenciosa esta mércores ás 12,30 horas diante do Hospital da Costa para mostrar a nosa enérxica condena aos asasinatos que tiveron lugar na nosa comarca como consecuencia da violencia de xénero. que afecta á nosa sociedade.