Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración en Ribadeo tralo dobre asasinato en San Cibrao

O Concello de Ribadeo convoca unha concentración silenciosa de cinco minutos para este mércores 15 de xaneiro ás 12 do mediodía co obxectivo de amosar a repulsa dos e das ribadenses tras o dobre asasinato de San Cibrao. Desde o Concello de Ribadeo amosan o seu pesar á familia das vítimas. O alcalde, Fernando Suárez, deu orde para que as bandeiras do Concello ondeen a media asta durante esta tarde-noite e tamén durante a xornada deste mércores.

Exit mobile version