Veciños e veciñas de Ribadeo, empregados e empregadas municipais, o alcalde, Fernando Suárez, e representantes doutras formacións políticas con representación na Corporación Municipal protagonizaron a concentración silenciosa de cinco minutos que tivo lugar ás doce do mediodía en repulsa pola violencia machista e polo dobre asasinato cometido en San Cibrao (Cervo). O acto tivo lugar nas inmediacións da Casa do Concello. Ademais as bandeiras do Concello de Ribadeo ondean, por segundo día consecutivo, a media asta polas vítimas deste crime.
Concentración en Ribadeo
Concentración en Ribadeo
Relacionado
-
A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia celebra o 50 aniversario da súa fundación
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba