Burela, 30 de xaneiro de 2014. O Concello de Burela e tenistas da localidade, agrupados no Clube de Tenis-Pádel A Marosa, mantiveron unha reunión este xoves para buscar un maior e mellor aproveitamento das pistas de tenis do recinto deportivo da Marosa.
Na reunión, á que asistiu o alcalde, José María González Barcia, xunto cos concelleiros de Deportes e Obras, Beatriz Piñeiro e Manuel Fernández Valle, plantexáronse diversas posibilidades para sacarlle máis rendemento ás instalacións. O rexedor burelés confirmou que “a intención do Concello é aproveitar as instalacións en todas as súas facetas, desde a potenciación da labor educativa, hasta a potenciación do aspecto competitivo, sen esquecer o aspecto referido a propia actividade física como tal”.
A falta de perfilarse o nivel de colaboración e aspectos da mesma, o Concello está disposto a que o Clube de Tenis-Pádel A Marosa teña un especial protagonismo no aproveitamento das pistas de tenis. “Unha das liñas de colaboración pasaría pola promoción e difusión do tenis entre a poboación infantil e xuvenil”, segundo explicou González Barcia.
O alcalde agradeceu publicamente ós membros do novo club o seu interese por aproveitar as pistas de tenis: “nas próximas semanas concretaremos aspectos das liñas de colaboración das pistas de tenis, tendo en conta de que foron acondicionadas recentemente, cun investimento que se situou nos catro mil euros”.