O Concello de Cervo organizou unha charla de seguridade impartida por membros da Garda Civil de Barreiros que se celebrou esta fin de semana no local da Asociación Terramar na Casa do Mar. Unha charla dirixida especialmente ás persoas maiores, xa que nela explicáronse as diferentes situacións de perigo ás que son máis vulnerables e como evitar timos, enganos, roubos ou furtos.