Site icon Crónica3.com A Mariña

Celta Prix procederá nos vindeiros días á limpeza dos colectores de residuos sólidos urbanos e do parque Rosalía de Castro

Burela, 14 de xaneiro de 2013. A empresa Celta Prix procederá nos vindeiros días ao lavado dos contedores de residuos sólidos urbanos de Burela, segundo acaba de informar a Concellería de Medio Ambiente.

A súa responsable, Patricia López Eijo, sinala que “tendo en conta que nas festas de nadal sempre se xera máis lixo e que os contedores quedan máis sucios é por iso que imos proceder ao seu lavado unha vez máis”. A concelleira popular lembrou que “ditas tarefas de limpeza realízanse de xeito periódico no noso concello. Deste xeito o que queremos é ter os contedores o máis decentes posible e ofrecer unha boa imaxe do noso pobo”.

A edil de Medio Ambiente tamén subliñou que “estes días Celta Prix efectuará o lavado a presión das zonas de tránsito do parque Rosalía de Castro co obxectivo de eliminar aqueles restos de humidade e materiais que poidan ocasionar caídas ou resbalóns”. Estes traballos realízanse coincidindo coas obras de renovación de parte da zona de xogos do parque. Nesta remodelación Concello e Xunta investiron 36.000 euros.

Exit mobile version