Lugo, 31 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor os apoios que a Xunta de Galicia da ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense.
O parlamentario mariñán sinala o recoñecemento do Goberno galego aos esforzos que están a facer estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e sostemento de centros públicos que impartes as ensinanzas de música.
Concello | Escola de música | Importe |
Burela | Escola M. de Música de Burela | 1.661,72 € |
Foz | Escola M. de Música de Foz | 1.703,71 € |
Pontenova, A | Escola M. de Música da Pontenova | 1.292,24 € |
Ribadeo | Escola M. de Música e Danza de Ribadeo | 3.313,25 € |
Xove | Escola M. de Música de Xove | 1.015,93 € |
| Total | 8.986,85 € |
CRITERIOS OBXECTIVOS
Balseiro lembra que a resolución destas axudas, que responden a unha solicitude previa dos concellos beneficiarios, son de distinta contía en función da valoración de criterios obxectivos tales como: o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros.
Salienta finalmente o deputado que o Goberno galego ten identificado unha notable demanda das ensinanzas de música e por iso estableceu esta convocatoria de axudas para dar a posibilidade de cursar estas ensinanzas e realizar unha formación non regrada nestas escolas.