Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro: “5.300 pensionistas na provincia de Lugo recibirán este mes a paga extra de 206 euros que abona a Xunta”

Lugo, 5 de xaneiro de 2014.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, destacou este venres, que preto de 5.300 pensionistas da provincia de Lugo recibirán este mes unha paga extraordinaria de 206 euros.

O pagamento desta extra realizarase a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. Para este concepto a Xunta reserva unha partida global de preto de 9 millóns de euros

“Trátase dunha iniciativa impulsada polo Goberno galego como apoio ás persoas vulnerables nos momentos de maior dificultade económica” -explicou Jose Manuel Balseiro- “E, de feito, este complemento está destinado ás persoas beneficiarias de pensións non contributivas; ás que perciben o fondo de asistencia social e ás que cobran o subsidio de garantía de ingresos, isto é, complementa ás prestacións máis baixas”

O COMPLEMENTO MÁIS ELEVADO DE TODA ESPAÑA
José Manuel Balseiro recordou que se trata dun complemento que só existe noutras dúas comunidades: Andalucía e Cataluña. Pero grazas ao esforzo feito pola Xunta, nestes anos de crise, o incremento dun 3% con respecto ao ano 2009 convérteo no máis elevado de toda España.

SENSIBLES COS QUE MÁIS O NECESITAN
Así mesmo, subliñou que ese esforzo necesario para poder abonalo é un paso máis dentro da aposta da Xunta por apoiar ás persoas máis desfavorecidas fronte á crise económica.

“Hoxe, polo tanto, queremos reiterar e materializar o compromiso do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo por establecer esta paga extraordinaria como fixemos en 2009, en 2010, en 2011, en 2012 e como imos facer no ano 2013. Coa dificultade propia do momento, estamos tentando demostrar á sociedade galega que hai unha vontade de seguir sendo sensibles coa situación de dificultade económica que están a padecer as familias que máis o necesitan”.

Exit mobile version