Desta forma Acisa aumenta a oferta de servizos que presta aos seus socios, xa que ten acordos asinados dende fai anos con asociados como asesorías, empresas de mensaxería, servizos audiovisuais, aseguradoras e empresas informáticas, entre outras.
A sinatura do convenio de colaboración entre Sabadell Gallego e Acisa tivo lugar este venres na sede da entidade na rúa Ramón González. O acordo efectuárono a directora comercial do Grupo Banco Sabadell en Galicia, Mª Carmen Vilabrille, e o secretario de Acisa, Roberto Ramos. Ao acto tamén asistiron o director da oficina en Ribadeo, Ángel Guerra, e a xerente de Acisa/CCA, Beatriz Irigoyen, ademais doutros directivos tanto do banco coma da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.