Site icon Crónica3.com A Mariña

Á venda o almanaque laranxa

O ‘Calendario Laranxa’ volve aos fogares mariñáns en 2014 para amosar o Horizonte Laranxa e coar o espírito burelista representado nos equipos sénior, masculino e feminino, o filial e as categorías de base. Despois do éxito de vendas nos últimos encontros do 2013 en Vista Alegre, o almanaque está dispoñible (prezo, 2 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91) e nas librerías burelás; Atril , Kiosco de Alicia, O Torques Kiosko e Espacio Lector Nobel, ademais da empresa colaboradora Alba Vila.

O ‘Calendario Laranxa 2014’ inclúe a axenda ligueira dos equipos sénior, tanto da Primeira División LNFS coma da RFEF, así coma un mosaico de fotos das categorías de base nas páxinas centrais. A xoiería burelá Kessarys recibe o novo ano xunto a Antoñito e Lara. A tempada do CD Burela FS Pescados Rubén transcorre cos xogadores e xogadoras en divertidas situacións, no Ximnasio Breogán, Concello de Burela, Alain Affelou Óptico, Bar Sitio, Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila, Frenos Carpe, Pescados Rubén, confitería mindoniense La Alianza, Living Sport e Duplex Bar de Copas. Quico Otero e Mimi despiden o 2014 dende a Bodega O Lagar onde podes atopar infinidade de produtos de calidade e autóctonos coma a cervexa Dama Alaricana.

O CD Burela FS agradece a colaboración prestada por estes negocios para a realización do Calendario Laranxa 2014, con deseño e fotografía de A Caixa Escura Producións e impresión de Gráficas Arfe.

Exit mobile version