Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña medra fronte á Terra Chá

Luns 13 de xaneiro. A Selección da Mariña de Fútbol Sala de Base, baixo a coordinación da Fundación Imdecum, continúa dando pasos de xigante na primeira fase do Campionato Galego. O pavillón Vista Alegre de Burela asistiu onte a unha gran tarde para os locais, que se impuxeron ao combinado da Terra Chá en tres dos catro encontros. Con 4-2 superaron os mariñáns aos chairegos nas categorías benxamín e cadete e, en infantís, os da casa recolleron un 4-0 favorable; máis rifado o tiveron os alevíns, que sucumbiron pola mínima (3-4).

Tras esta segunda cita e despois da estrea na pista de Lambre, os benxamíns ostentan dous triunfos, os alevíns levan un empate e unha derrota e os infantís computan unha derrota e unha vitoria. Os cadetes tan só contan cun triunfo na súa cuadrícula, posto que aínda debutaron onte.

Lugo
O pavillón municipal da cidade amurallada acollerá o terceiro e último encontro da primeira fase para os mariñáns o vindeiro domingo, 19 de xaneiro. Os da costa desprazaranse ata a capital de provincia para medirse á Selección de Lugo nas catro categorías, entre as 16.00 e as 19.30 horas.

FICHAS TÉCNICAS
Categoría Benxamín: Selección A Mariña FS 4-2 Selección A Terra Chá
Selección A Mariña FS

●Cinco Inicial: Youseff, Sergio (1), Pablo Dablanca (1), Hugo Veiga e Pablo Pérez (2)

●Tamén xogaron: Manuel, Hugo Pérez, Abel, Adán, Lucas, Javi,e Kevin

Selección A Terra Chá

●Cinco Inicial: Juan, Alberto (2), Martín, Nicolás e Iago

●Tamén xogaron: Jorge, Pablo, Unai, Antonio e Raúl

●Árbitro: Naray Rozas Campos e Jorge Goyos López (Delegación de Lugo)

Categoría Alevín: Selección A Mariña FS 3-4 Selección A Terra Chá
Selección A Mariña FS

●Cinco Inicial: Hugo, Andrés (1), Anxo, Pol (1) e Nico (1)

●Tamén xogaron: Isaac, Víctor, Xoel, Noel, Jorge e Julián

Selección A Terra Chá

●Cinco Inicial: Pablo, Rares (3), Joel (1), Pablo Miragalla e Jesús

●Tamén xogaron: Pablo Espiño, Noé, Carlos, Juan, Iago, Xoel e Hiar

●Árbitro: Naray Rozas Campos e Jorge Goyos López (Delegación de Lugo)

Categoría Infantil: Selección A Mariña FS 4-0 Selección A Terra Chá
Selección A Mariña FS

●Cinco Inicial: Yeremay, Nito (1), Luka (2), Aarón (1) e Álvaro

●Tamén xogaron: Luis, Rubén, Manuel, José, Paulo, Borja e Luismi

Selección A Terra Chá

●Cinco Inicial: Víctor, Antón, María, Daniel e Javi

●Tamén xogaron: Fran, Yago, Álex e Joel

●Árbitro: Pablo Coello Martínez e Arcilio Dos Santos Mon (Delegación de Lugo)

Categoría Cadete: Selección A Mariña FS 4-2 Selección A Terra Chá

Selección A Mariña FS

●Cinco Inicial: Aarón, Mamadou (2), Pitero, Aitor e Kaká

●Tamén xogaron: Gabi (2), Chiky, Brais, Xosé, Iván e David

Selección A Terra Chá

●Cinco Inicial: José, Alejandro, Jesús, Adrián e Arturo (1)

●Tamén xogaron: Diego (1), Fran, Antón, Yeilán e Cristian

●Árbitro: Pablo Coello Martínez e Arcilio Dos Santos Mon (Delegación de Lugo)

Resultados anteriores
Categoría Benxamín: Lambre 1 – A Mariña 2

Categoría Alevín: Lambre 1 – A Mariña 1

Categoría Infantil: Lambre 4 – A Mariña 2

*Foto: Marcelino Luna e Manuel Blanco, presidente e vicepresidente da Fundación Imdecum, xunto a técnicos e xogadores da Selección da Mariña FS.

Exit mobile version