Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Lourenzá participou na concentración de Cervo

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, participou no mediodía deste mércores 15 de xaneiro na concentración convocada polo Concello de Cervo en repulsa á violencia de xénero polo suceso acontecido en San Cibrao no que faleceron dúas mulleres, unha nai e a súa filla. A rexedora municipal trasladou a consternación dos veciños de Lourenzá porque o presunto homicida é natural deste municipio, concretamente da parroquia de San Adriano.

Exit mobile version