A exposición “Xoguetes dos Avós” é unha mostra da colección PROTOCOL de Cataluña onde unha avioneta dos anos 30 surcando os ceos, e desde a terra motocicletas de 1939, canoas a motor, tractores con e sen remolque e o mítico auto de carreiras Bugatti Type 41 Royale, considerado o coche máis luxoso da súa época. Taxis, o paxaro ciclista e helicóptero, o viaxante, norias, acordeóns… convertidos en xoguetes de follalata, unha mostra destas pezas de pequenas dimensións pode verse perante todo a Nadal en REGAL XUNQUEIRA e ata fin de marzo dende a súa inauguración o xoves 12 ás 20.00 horas. Na mostra pódense atopar xoguetes de ata máis de 60 anos de antigüidade, construídos con follalata, unhas pezas cun alto valor e moi apreciadas entre os grandes coleccionistas. E, por outra banda, tamén se inaugura a exposición ‘Pintando o Nadal’ onde a cor é a protagonista das obras presentadas por artistas plásticos amigos de RegalXunqueira.
‘Xoguetes dos Avós’ e ‘Pintando o Nadal’ en RegalXunqueira
‘Xoguetes dos Avós’ e ‘Pintando o Nadal’ en RegalXunqueira
Relacionado
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia