A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro convoca o VI Concurso de carteis para a Semana Santa de Viveiro na que poderá participar calquera interesado presentando carteis que se poidan adaptar ao tamaño habitual de 69 x 47 cm. Cada participante poderá presentar unha obra orixinal e inédita empregando calquera técnica (pintura, debuxo, fotografía, fotocomposición…). O prazo de entrega dos traballos remata o luns 30 de decembro e poderá realizarse na Oficina de Turismo do Concello ou enviándoa ao Apartado 19, 27850 (Viveiro). O fallo do xuradao farase público a través dos medios de comunicación e a obra gañadora publicarase mediante a confección do cartel anunciador, programa de actos ou outros folletos informativos e a posible portada da revista ‘O Pregón’ onde tamén se publicarán outros premios. O primeiro premio está dotado de 600 euros, o segundo con 400 e o terceiro con 200.