O grupo Municipal UNIFOZ solicita a ampliación dun mes máis o prazo de exposición pública do PXOM co obxectivo de ofrecer maior información e transparencia do mencionado documento aos veciños e veciñas.
Polo de agora, o día 16 está previsto que remate o prazo para exposición pública do PXOM e para presentar as alegacións.
Así, dende Unifoz piden a súa ampliación porque “nos últimos días hai moitos veciños que están preocupados pola situación na que os deixa o PXOM, deixando clara unha falta de información”.
Así mesmo, consideran que “os medios postos polo Concello para informar non foron os suficientes, pois en moitos días o técnico posto a disposición non daba atendido a toda xente, o que provocou largas esperas”.