Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz considera un “novo fracaso a prepotencia e chulería do Goberno do PP de Foz”

Despois de non deixar que libremente o representante dos veciños de Forxán puidera dar lectura ao un escrito dirixido a toda a corporación, o equipo de goberno “mostra a súa prepotencia e falta de democracia”.

“Na pasada Sesión Plenaria puidemos ver unha vez máis a este Alcalde, máis preocupado pola política, que polo pobo de Foz e obedecendo ordes dos que mandan na sombra”, denuncian dende Unifoz.

“Unha vez máis puxo encima da mesa a ubicación da EDAR, se haber consensuado con ninguén a decisión, e mesmo nin quixo aceptar ningunha condición propostas polo PSOE, unha clara mostra de que non quería acordo, solo quería ir de vítima, para defenderes politicamente con iso de que eu quería, pero non me deixan… Seguro ese pode ser o slogan da súa próxima campaña. Está claro que ao Sr Alcalde, interésalle, tratar este tema cada certo tempo, para xustificarse politicamente da súa incapacidade política e da súa falta de diálogo”.

“Para rematar o sr Alcalde non quixo tratar unha moción, de UNIFOZ, para abrir un novo prazo de 30 días a exposición pública do PXOM, coincidindo esta proposta coa proposta que presentaron os representantes dos veciños, e algo semellante ao que pide o propio PP no concello de Mondoñedo, con esta medida o Alcalde, pecha as portas a posible aprobación do PXOM, en esta lexislatura, posiblemente para dicir despois politicamente: eu quería, pero non me deixaron…”, advirten.

Ademais, Unifoz presentou unha moción de solicitar a modificación puntual do P.O.L. no final Avda. do Vicedo, para que o PXOM poda contemplar esta realidade urbanística que foi aprobada por unanimidade.

Exit mobile version