Site icon Crónica3.com A Mariña

Un Nadal para esquencer

Pois este ano, dicía, a chegada das festas navideñas e con ela, os seus horrores, foi ata máis impactante si cabo e, desde logo, infinitamente máis traumática que en anos anteriores. E cóntolles por que:

O susto veu da man dese esperpento a o que os creadores atrevéronse a chamar anuncio publicitario e que Loterías e Apostas do Estado decidiu gravar, asesorado por algún inimigo da institución que se facía pasar por publicista, para promocionar, un ano máis, o sorteo da Lotería de Nadal. Nel, e nun marco tan almibarado como pouco creíble, un grupo de cantantes españois de prestixio e talento escasamente equilibrado, pero innegable reputación, cada un no seu, esnaquizan unha marabillosa canción do gran Elvis Presley versionada con moi mal gusto e menos acerto, para burla e escarnio dos atónitos televidentes que contemplamos con incredulidad semellante despropósito. Que ollo, non digo eu que os seus intérpretes non sexan, e nalgúns casos ata sigan sendo, grandes voces do panorama musical , pero desde logo si afirmo, e como eu, tantos, que non foi esta, onde vai parar, nin de lonxe a mellor interpretación de ningún deles. Non é de estrañar que o grito de ¡Que volva o calvo! resoase en redes sociais e outros medios pouco despois do comezo da súa emisión.

Así que xa ven. Por si non tiñamos suficiente co insufrible soniquete dos vilancicos que soan ininterrumpidamente en todos os centros comerciais e similares, que a bó seguro nos fai acabar ata o mismísimo da burra que vai a Belén, as campás que están unha sobre outra e os peixes que se pasan o día bebendo no río, entre outros. Coma se a visión de todos eses Papanoeles escaladores rubindo por fiestras e balcóns dunha boa parte dos edificios non bastase para esnaquizar os nervios do máis sereno. Por si non fóra pouco con ter que preocuparse desas vellas rifas familiares que, como descubrín non fai tanto, son tan habituais en toda familia que se preciar e que obrigan a facer encaixe de bolillos para que o cuñado insoportable non se sente á beira da irmá intolerante e o sobrino subversivo non provoque ao avó conservador.

Coma se non fose bastante coa preocupación de como imos afrontar o gasto inxente en comida e agasallos e da elección dun menú que guste a todos. Coma se fose moco de pavo facer de tripas corazón e, por unha vez, sentarnos á mesma mesa que ese familiar ou familiares aos que matariamos e que, salvo imponderables como mortes, vodas ou nacementos, nin nos achegamos o resto do ano.

Menos mal que esa marca española de embutidos que leva unhos añiños emocionándonos co sua entrañable publicidade navideña que se está convertendo nun icono como o foi aquel “volve, a casa volve” de outrora, pero con mensaxes adaptadas aos novos tempos, volveu a facelo de novo.

Otero Regal

Exit mobile version