Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo de tenis de mesa en Xove

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO venres 27 de decembro celebrouse na OMIX de Xove o xa tradicional TORNEO DE TENIS DE MESA DE NADAL no que participaron un total de 13 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. O gañador do mesmo foi Roberto Rubal, quedando Iván Silva subcampión. O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Xuventude Ana Abad, realizaron a entrega de premios. Esta actividade englóbase dentro do amplo programa de actividades que o Concello de Xove deseñou para este Nadal 2013-2014.

Exit mobile version