O venres 27 de decembro celebrouse na OMIX de Xove o xa tradicional TORNEO DE TENIS DE MESA DE NADAL no que participaron un total de 13 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. O gañador do mesmo foi Roberto Rubal, quedando Iván Silva subcampión. O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Xuventude Ana Abad, realizaron a entrega de premios. Esta actividade englóbase dentro do amplo programa de actividades que o Concello de Xove deseñou para este Nadal 2013-2014.
Torneo de tenis de mesa en Xove
Torneo de tenis de mesa en Xove
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería