Burela, 11 de decembro de 2013. Técnicos de Augas de Galicia desprazaranse este xoves a Burela para continuar cos traballos de planificación da mellora do último tramo do saneamento. Será a partires das 10 da mañá cando manteñan un encontro co alcalde, José Mª González Barcia.
Hai un mes que técnicos de Augas de Galicia, en concreto o 8 de novembro, visitaron a actual depuradora de augas residuais co obxectivo de elaborar un estudio de viabilidade para mellorar o saneamento do concello de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, estima que ese estudio podería estar elaborado nun prazo duns catro ou cinco meses.
Portos de Galicia
Tamén mañá nos locais que Portos de Galicia ten en Burela haberá unha xuntanza a partires das 11 horas dos responsables deste ente na provincia de Lugo con empresarios que teñen concesións no espazo portuario burelés. O obxectivo do encontro será explicarlles as rebaixas dalgunhas taxas que aplicará Portos de Galicia. A este encontro acudirá o rexedor, José Mª González Barcia.