Remontada do Burela Pescados Rubén no derbi galego (4-2) ante o Poio Pescamar que logrou sorprender no inicio pero que tivo que renderse á superioridade laranxa. O choque comezou con moita intensidade aínda que con imprecisións e sen dominador claro. Neste escenario as visitantes lograron sacar proveito e situarse cun 0-2, goles de Charo e Ceci, que lonxe de amilanar ás burelesas activou a súa reacción.
O Burela comezou a xerar ocasións de perigo pero Silvia, porteira visitante, e o travesaño tras un disparo de Lidia impedían recurtar distancias. O dominio local recolleu o seu premio co 1-2 logrado por Lidia, minuto 14, e o asedio incrementouse ata o descanso aínda que sen movementos no marcador. O Poio Pescamar recibiu o descanso con alegría ante as ocasións locais.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia-cinco inicial- Lara, Claudia.
Poio Pescamar: Silvia, Kiko, Ceci, Claudia, Charo –cinco inicial- Peke, Elena, Yoli,
Goles: 0-1, m.7, Charo; 0-2, m.12, Ceci; 1-2, m.14, Lidia; 2-2, m.26, Peque; 3-2, m.31, Peque; 4-2, m.39, Lidia.
Árbitros: Darriba Villamor, Villanueva Blanco. Galicia. Amosaron cartón amarelo a Maite, minuto 32, no Burela e a Kiko, minuto 39, no Poio.