A Biblioteca Municipal de Alfoz concedeu un ano máis os premios de Postais e Poesías organizados polo Nadal. Trala reunión do xurado formado por Montse Blanco, Jesusa Paz e Lionel Rexes o pasado xoves 26 de decembro, David Carreiras, Iago Martínez e Sara Pena alzáronse cos primeiros premios do Certame de Postais na categoría A (1º Ciclo de Primaria), B (2º Ciclo de Primaria) e C (3º Ciclo de Primaria), respectivamente. A segunda posición foi acadada por Carla Méndez, Óscar Pérez e Nazaret Fraga, respectivamente. E no certame de poesía, na categoría A (ata 8 anos) foron destacado os traballos de Óscar Pérez, Javier Vidal e José Manuel Barreira. Na categoría B (de 9 a 11 anos) o traballo gañador foi o de Alba García, mentres que Javier Carreiras e Diego Alvariño obtiveron a segunda e terceira praza, respectivamente. Dentro duns días celebrarase a cerimonia de entrega dos premios.