Aleixo García Caramés, de sete anos e alumno do CEIP Cervo nº1, é o autor do deseño gañador do XIV Concurso de postais de Nadal co que o Concello felicita de forma oficial as festas a institucións, organismos e entidades. Por categorías os gañadores son: Yeray Candal Luque (de 3 a 5 anos), Xoel Lorigados (de 6 a 9 anos) e Marina Rey Díaz (de 10 a 12 anos). Todos os traballos, tanto os gañadores coma o resto dos presentados ata unha vintena de propostas estarán expostos durante as festas na Casa da Cultura.