O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA vai propor ás asociacións culturais e ás institucións da Mariña a celebración dunha homenaxe ao músico Miro Casabella.
Considera o colectivo viveirense que “o percorrido artístico do compositor e cantante do Valadouro, comprometido desde os anos sesenta coa cultura e co idioma galego, ben merece a gratitude dos mariñaos”.
Coa finalidade de organizar esta homenaxe o colectivo convocará nos vindeiros días ás asociacións culturais e veciñais; aos músicos, artistas plásticos e escritores e a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar na Casa da Cultura do Valadouro o sábado 11 de xaneiro ás 11.00 horas.
Cooperación das institucións
Tamén solicitará apoio económico aos Concellos e á Deputación xa que, de contar coa cooperación destas institucións, poderían participar nesta homenaxe músicos cos que Miro Casabella tivo relación ao longo da súa traxectoria artística.