Por mor do mal tempo tiveron que suspenderse as actuacións musicais que en cada rúa e espazo público ían correr a cargo dun grupo de alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
O rexedor dixo que “mañá, sábado, concluirá o proceso de nomeamento de rúas que iniciamos hai meses por unanimidade da Corporación Municipal co fin de dar resposta ás demandas do servizo de Correos, porque ás veces tiñan problemas para facer chegar a correspondencia a algunhas rúas ou espazos públicos por carecen dun nome concreto ou por estares nomeados de xeito confuso”.
O sábado 28 de decembro o descubrimento de placas comezará ás 12 horas na rúa Juan Suárez Acevedo, seguirá ás 12:30 horas na rúa da Lodeira, ás 12:50 será a quenda para a rúa dos Irmáns Suárez Couto, ás 13:10 horas será inaugurada a avenida Irmáns Pérez Prieto e ás 13:30 horas a protagonista será a rúa da Illa Pancha.