Site icon Crónica3.com A Mariña

O ribadense Farruco Graña gaña o X Certame de narrativa Rosa Reboredo

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) concedeu os premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2013 que alcanza este ano a súa 27ª edición.

Farruco Graña foi proclamado gañador na modalidade de narrativa polo seu traballo ‘Badaladas de Anllóns’; mentres que Mirian Ferradáns foi destacada en poesía polo seu poema ‘Aínda pintas nas gomas bonequiños…’.

A dotación do primeiro premio deste décimo Certame de narrativa Rosa Reboredo é de 500 euros.

O propio Farruco Graña manifestou trala concesión do premio que “para min foi un pracer escribir este relato pois permitiume tomar posición como un cidadán máis sobre a minaría contaminante que tanto deu que falar en Bergantiños (Corcoesto) e en Tapia de Casarego. Que a nacesidade de saírmos adiante nestes tempos tan duros non nos leve a pensar que temos dereito a queimar o noso medioambiente e deixar ás xeracións vindeiras sen natureza e, por tanto, sen futuro”.

Exit mobile version