Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP destaca que novo acordo de Pesca con Marrocos permite a actividade de modalidades excluídas ata agora

O portavoz de Pesca do GPP, Joaquín García Díez, manifestou a súa satisfacción trala ratificación polo Parlamento europeo do acordo pesquero con Marruecos, e felicita ós sectores pesqueiros europeos e marroquís polo logro alcanzado.

García Diez puxo de manifesto a excelente labor levada a cabo polo ministro, Miguel Arias Cañete, e o seu equipo, “para el que en todo momento la firma del acuerdo ha sido una prioridad”. Pola contra, o deputado popular recorda que no debate parlamentario celebrado no pleno do Congreso, grupos coma a esquerda plural, UPyD, o BNG, Coalición Canaria ou o PNV votaron en contra de apoiar este protocolo e algúns, incluso, chegaron a acusar ao PP de querer roubar ao Sáhara.

Trala aprobación polo Consello de Ministros da UE, quedaba como último paso por parte comunitaria para a entrada en vigor do Acordo a súa aprobación polo Pleno do PE, unha vez que a Comisión de Pesca o aprobara o pasado 28 de novembro, e ésta produciuse neste martes.

Para o deputado García Diez, o acordo, que chega despois de dous anos dende que a flota española tivera que abandonar Marrocos tralo rechazo da Eurocámara á prórroga por un ano do anterior acordo, permitirá a vuelta dun centenar de barcos españois ao caladero marroquí, con mellores posibilidades de pesca que o anterior acordo, sobre todo á hora de garantir a sostibilidade ambiental e económica do caladoiro.

Na recta final, para impulsar a súa aprobación, o ministro, Arias Cañete tivo oportunidade de reunirse con responsables dos Grupos Políticos do PE, así coma cos presidentes da Comisión de Pesca e de Asuntos Exteriores. Igualmente, Cañete reuniuse coa eurodeputada Carmen Fraga, encargada de redactar o informe que votaron no Parlamento sobre o protocolo con Marrocos, e non cesou de traballar cos xefes de delegación e representantes dos partidos españoles no PE. Todo este traballo contribuiu a alcanzar o obxectivo de ratificación do acordo.

Distintas flotas beneficiaranse deste importante acordo, particularmente as flotas de cerco e palangre de fondo artesanal dos portos andaluces de Barbate, Algeciras e Conil, así coma diversas unidades de palangres de fondo e arrastre con porto base na comunidade galega e canaria, o que ven a paliar a situación de parada ou actividade reducida destas flotas.

O PP destaca tamén o compromiso alcanzado na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para regular a pesca de especies de augas profundas, unha iniciativa que impulsará unha xestión máis sostible destas especies e unha mellor protección dos ecosistemas mariños vulnerables.

Exit mobile version