Site icon Crónica3.com A Mariña

‘O home almofada’, no Pastor Díaz

Ilmaquinario Teatro presenta ‘O home almofada’ o sábado 14 de decembro ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Esta peza para adultos de Martin McDonagh foi adaptada por Tito Asorey para ser representada por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez. Durante os 90 minutos de función, os asistentes poderán desfrutar da historia de Katurian, unha escritora de macabros contos infantís, que nun país totalitario sen nome está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes é sospeitosamente similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Con todo, ela loita por defender a súa
inocencia. Todo cambia cando descubre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico a causa dos malos tratos que sufriu sendo nena, e que vai ser tamén interrogada. Katurian intentará por todos os medios entrar en contacto con ela. O resultado do encontro entre as
dúas irmás disipará as dúbidas sobre os asasinatos, pero abrirá outras incógnitas, aínda máis intensas e preocupantes…

Exit mobile version