Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá recolle xoguetes para que a Cruz Vermella os entregue a familias con escasos recursos

Lourenzá, 2 de decembro de 2013. O Concello de Lourenzá recolle xoguetes para que a Cruz Vermella os entregue a familias con escasos recursos económicos. Esta iniciativa foi dada a coñecer hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen anunciou que para conseguir máis colaboradores nesta campaña o vindeiro luns, día 9, ás tres da tarde haberá unha chocolatada no CEIP Juan Rey.

A rexedora municipal explicou que “por terceiro ano consecutivo o Concello de Lourenzá vai colaborar coa Cruz Vermella na campaña de recollida de xoguetes, para o que pedimos ás familias que doen aqueles que xa non utilizan antes do día 20 deste mes. Desta maneira vanse desprenden de algo que xa non usan e vai servir para que outras familias poidan facer sorrir a un meniño nestas datas sinaladas que se están a aproximar”.

Emma Álvarez engadiu que “no Torreón dos Frades, onde están as dependencias do departamento de Servizos Sociais do Concello, a Cruz Vermella colocou unha caixa para depositar os xoguetes antes do 20 deste mes. Ademais, igual que fixemos nos dous anos anteriores, para achegar esta campaña ao maior número de persoas, en colaboración co Ceip Juan Rey, vaise facer unha chocolatada o vindeiro luns, día 9, ás tres da tarde. O fin é involucrar aos máis pequenos nesta actividade solidaria. Os nenos, na medida das súas posibilidades, deberán traer un xoguete que xa non utilicen e que non sexa bélico para ser doado á Cruz Vermella. Ademais o animador sociocultural do Concello preparará actividades para que os nenos disfruten do chocolate e tamén xogando neste acto solidario”.

Exit mobile version