No ano 2013 atendéronse a seis familias en situación de exclusión social no Centro de Acollida María Nazarena que dirixen as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas.
O Centro María Nazarena está en funcionamento desde o ano 2008 e é un recurso que presta atención integral, preferentemente a mulleres con fillos menores ao seu cargo ou ben, para mulleres xestantes. O María Nazarena é o único centro de acollida que hai en Galicia que funciona por unidades familiares, é dicir, en vez de funcionar como unha casa de acollida onde cada usuario ten a súa habitación e comparten os espacios comúns de cociña, salas, etc., este centro foi deseñado en unidades residenciais, cada familia ten a súa propia casa, habitacións, cociña, sala, etc. de uso exclusivo. Por este motivo se atende preferentemente a unidades familiares, mulleres con fillos.
É un centro tamén, de longa estancia, os usuarios conviven nel durante bastantes meses, mentres o equipo técnico traballa con eles nun itinerario de inserción individualizado.
A situación de crise que estamos a vivir reflexouse tamén neste ano 2013, das seis familias atendidas, dúas por primeira vez eran de orixe español, as outras catro a súa orixe era Nixeria, Senegal, Marrocos e Cabo Verde. No ano 2013 no Centro tamén naceu unha nena e prestouse atención a outros cinco nenos de curta idade, fillos das usuarias.
As familias atendidas dúas foron derivadas do centro de emerxencia para vítimas de violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade. Outras tres polos servizos sociais de Burela e unha delas do Concello de Xove.
O Centro María Nazarena é un centro que é subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade e o Bispado de Mondoñedo – Ferrol.