Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariñapatrimonio impulsa a limpeza do hipocausto romano de Burela durante o roteiro deste domingo

hipocaustoromano-burelaBurela, 11 de decembro de 2013.- O domingo, 15 de decembro, as asociacións Buril, Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio realizarán o roteiro “Xacementos arqueolóxicos da Mariña. Xoias do Patrimonio”. Con este roteiro preténdese reivindicar a volta da ourivería romana da colección Álvaro Gil ao Museo de Lugo.

Hai uns días dende estas asociacións denunciábase o lamentable estado de abandono no que se atopa o hipocausto romano de Burela, convertido nun vertedoiro de lixo. Como no roteiro tamén se contempla visitar este hipocausto, aproveitarase para limpar e retirar todo o lixo que invade este xacemento. Con esta limpeza queremos amosar a situación real na que se atopa unha parte do noso patrimonio e a falta de interese que amosan os responsables da súa conservación.

Exit mobile version