Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Dios, novo presidente de Aipaz

O profesor galego, Manuel Dios, foi elixido, o pasado Venres, día 29 de Novembro, como novo Presidente de AIPAZ en sustitución de Manuela Mesa que ocupou este cargo desde 2006.

AIPAZ é unha asociación da que forman parte a práctica totalidade dos centros e institutos de educación e de investigación para a paz do Estado Español, máis de 20 entidades, e aproximadamente outros tantos investigadores individuais. Entre eles están a Escola de Cultura de Paz de Barcelona, o Centre Delas, FundiPau, Gernika Gogoratuz, o Museo da Paz de Gernika, o CIP Ecosocial da FUHEM de Madrid, Ceipaz, o Seminario de Investigación para a Paz de Zaragoza, a Fundación Cultura de Paz, a Cátedra UNESCO de Filosofía para a paz da Universidade Jaume I de Castellón, o Instituto de Paz e Confictos da Universidade de Granada o Seminario Galego de Educación para a Paz, ou o Instituto Catalán Internacional pela Pau.

A Asemblea de AIPAZ tivo lugar na sede do Instituto Catalán Internacional pela Pau, que preside Rafael Grasa e que dirixe Tica Font, en Barcelona.

Na nova Directiva estarán tamén, Ana Barrero, como Vicepresidenta, Susana Fernández, como Secretaria, Laura Alonso, na secretaría Técnica, María Oianguren, como tesoreira e Pamela Urrutia como vocal.

Exit mobile version