Celebráronse en Alfoz os III Campionatos de Videoxogos de Nadal, con abundante participación de rapaces e rapazas. Houbo tres modalidades de videoxogos. En primeiro lugar xogouse o Campionato de Pro Evolution Soccer, no que resultou vencedor Carlos Paz, ocupando o segundo lugar Álvaro Dorado. A continuación celebrouse o Campionato de Just Dance, no que gañou Andrea Geada, seguida en segundo lugar por Claudia Martínez. Finalmente, celebrouse o Campionato de Call of Duty, no que resultou vencedor Daniel Cuba, quedando segundo Xoel García.
III Campionatos videoxogos de Nadal en Alfoz
III Campionatos videoxogos de Nadal en Alfoz
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería