Site icon Crónica3.com A Mariña

Historias nas parroquias para todos os públicos

pedro-brandarizFran Rei conta a historia de Brancaflor nun espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo galardoado co premio María Casares Avelino González. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos. O sábado ás 17.00 horas, no teleclube de Santalla de Vilaosende e o domingo ás 17.00 horas, na escola de Rinlo e ás 19.30 horas no Círculo da Devesa. Pola súa banda, Pedro Brandariz vai botar os seus contos o sábado na escola de Cinxe ás 21.00 horas e o domingo na escola de Vilaselán ás 17.00 horas.

Exit mobile version