Fran Rei conta a historia de Brancaflor nun espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo galardoado co premio María Casares Avelino González. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos. O sábado ás 17.00 horas, no teleclube de Santalla de Vilaosende e o domingo ás 17.00 horas, na escola de Rinlo e ás 19.30 horas no Círculo da Devesa. Pola súa banda, Pedro Brandariz vai botar os seus contos o sábado na escola de Cinxe ás 21.00 horas e o domingo na escola de Vilaselán ás 17.00 horas.
Historias nas parroquias para todos os públicos
Historias nas parroquias para todos os públicos
Relacionado
-
A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia celebra o 50 aniversario da súa fundación
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba