Burela, 27 de decembro de 2013. Este venres o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, entregou en Santiago na Secretaría Xeral de Urbanismo unha documentación complementaria relativa ao PXOM.
Segundo explicou o propio rexedor “refírese a un estudo sobre a mobilidade no termo municipal de Burela, de detección de problemas e plantexamento de solucións”. Dito estudo xa se enviou no seu momento á Xunta, “pero tivo que ser aprobado no pleno celebrado onte e remitido de novo”.
Po outra banda, quedou aprazada para outro momento a xuntanza que este mediodía ía manter González Barcia en Compostela co director xeral de Enerxía e Minas, José Bernardo Tahoces, para abordar asuntos vinculados co futuro desenvolvemento do PXOM. Cambios de última hora na axenda do director xeral ocasionaron este aprazamento.