O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, asistirá este mércores en Santiago ás 12:30 horas na FEGAMP aos actos da Irmandade Galicia-Cabo Verde. E xa pola tarde acudirá á reunión do Consello Escolar de Galicia do que forma parte en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias. O encontro será tamén en Compostela.